Palavra comum

Nace unha nova revista electrónica, Palavra comum, dirixida por Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo e Ramiro Torres, poetas, grandes creadores e membros do GSG (Grupo Surrealista Galego). A intención da revista é formar un universo “plural” e cultural, noso, lusófono, no que debatir, crear, ler, ver… Nace baixo a lua nova, como unha esperanza. Pouco a pouco irán sumando contidos, forzas e ilusións. literatura, pintura, fotografía, cine, música, video, e moito máis.

Nela hai un enlace a unha galería con algunhas das miñas obras, grazas por contar conmigo como colaboradora, é un proxecto que sei que nace con forza, e moita ilusión. Parabéns.

Boas festas

Inma Doval. Collage. 2013

 

Comeza de novo o inverno e nuns días estrearemos ano. Hoxe creei este collage a partir dun boceto que fixera para unha obra de homenaxe a Frida Kalho, que formara parte dun proxecto de Marthazul e Augusto Meztli, “Sementes de Frida”. Con el desexo felicitar este ano que se achega xa con pasiños silandeiros.

“O Assobiador”

Xa quedou inaugurada a exposición “O Assobiador”, no Castelo de Santa Cruz, Oleiros. Case 100 obras de 40 artistas portugueses, españois, galegos, alemáns e costarricenses. A exposición está comisariada por Renata Carneiro e Mariana de Castro. Poderá visitarse ata finais de febreiro de 2014.

 

Deixo aquí unha imaxe da miña obra definitiva, colgada, e outra de como a tiña pensado.

Exposicións actuais

Neste momento pódese ver obra miña en tres espazos diferentes que a partir do venres serán catro. Participo na exposición colectiva de nadal de Arga, que se pode visitar na galería que a asociación ten en San Andrés. Nela teño unha táboa con técnica mixta e corenta obras en papel, óleos e gravados, de pequeno tamaño. Hai unha caixiña á que lle teño especial afecto, paisaxes soñadas, con seis monotipos, ademáis as series “Abrótegas” ou “Dende o azul”.

En Alfándega da Fe, Portugal, teño obra na exposición “50 artistas e dentro e de fora”, na que comparto sala con varios artistas portuguesas, españois e galegas.

 

 

 

Ademáis moitas das miñas obras están nas habitacións dun local en venda ou alguguer, dentro do proxecto  “Local dispoñible, almacén artístico“, na Coruña. Hai gravado,pintura e escultura.

Musa da noite, libro de artista de Inma Doval intervido por outros artistas. Foto de Rocío Ramos

En que estado quedarán? é o título doutra exposición, esta vez en Ourense, na Biblioteca Universitaria, na que artistas portugueses e galegos creamos un libro de artista con probas de gravados que desbotamos. Cada un dos libros foi pasando polas máns do resto dos artistas que fixeron a sua intervención, pintando, cortando, queimando, pegando.. O resultado é ben fermoso. Aquí queda unha reseña da exposición no DUVI, o diario da Universidade de Vigo. Pódense ver ata o 19 de novembro.

E este venres inauguraremos a expsosición “O Assobiador”, no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros. É esta unha exposición moi nteresante, na qu ede novo volvo compartir sala con algunhas artistas portuguesas, moitas de elas coas que realizo habitualmente proxectos. Trátase dunha exposición colectiva de 40 artistas de distintas xeneracións e nacionalidades, comisariada por Mariana De Castro e Renata Carneiro. Parte da existencia dunha árbore centenaria, O Assobiador, corticeira de 1783 que está no Alentejo, cerca da vila de Augas de Moura. Mide 14 m de altura e ten un diámetro de 4,5 m, e a súa produción é 10 veces maior que calquera sobreira vulgar. Cada artista crea nunha peza de cortiza coa intención de chamar a atención sobre a súa protección. O nome da árbore ven da cantidade de paxaros cantores, asobiadores, que viven nela.

Local dispoñible, almacén cultural

O vindeiro sábado, 14 de decembro, ás 19.30, comezamos, dende o colectivo arTeu, unha nova proposta cultural, “Local dispoñible, almacén cultural”, na que dialogarán poesía, pintura e fotografía co obxectivo de dar visibilidade a un local ofertado para venda ou aluguer. O espazo pasa a ser habitado por obras de arte de Xacobe Meléndrez Fassbender, Ada Porto e Inma Doval, un contedor artístico de pintura, fotografía, escultura e poesía. Ademáis se realizarán diversas actividades culturais para todos os públicos, comezando este sábado cun recital poético dos compoñentes do Grupo Surrealista Galego (Tati Mancebo, Alfredo Ferreiro, François Davo, Xoán Abeleira, Ramiro Torres e Begoña Paz). Despois do sábado o local abrirase putualmente cando haxa actividade ou ben a demanada de quen queira visitar o espazo ou ver as obras de arte que contén.

Obra no Mercado de Nadal de Arga

Dende o azul. Inma Doval. Mixta sobre táboa.

 

Onte foi a inauguración da exposición de Nadal de Arga. Corenta artistas, perto de 1500 obras. E alí están algunhas das miñas obras, unha táboa, gravados e óleos sobre papel. Estaba cheo, non era o mellor día para ver as obras, e sí para compartir caos amigas e amigos. Quedarán alí ata o 30 de xaneiro, hai tempo para velas con tranquilidade.

Expo en Carballo. III Enarborar o bosque

Xa recollimos a obra da exposición colectiva do III Enarborar o bosque. Eu participei con cinco obriñas, unha comezada na carbaleira de Corcoesto, o día 1 de xuño de 2013, rodeada dunha fermosa paixase á beira do Anllóns. Co esforzo de todos conseguimos paralizar, polo momento, a mina a ceo aberto que querían construir en Corcoesto.